_Lete Lasa destaca o papel de Vicente Torres no deporte galego como mecenas e impulsor da patinaxe galega
A Xunta de Galicia, en nome do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, lamenta profundamente o pasamento do presidente da Federación Galega de Patinaxe, Vicente Torres, e transmite o seu pésame e unha mensaxe de ánimo a toda a súa familia e amigos, así como a todo a patinaxe galega.
Lete Lasa destacou o papel de Vicente Torres no deporte galego, como mecenas e impulsor da patinaxe galega e como parte fundamental dos seus éxitos como os numerosos triunfos do hóckey sobre patíns e sobre todo do Liceo, as vitorias do CPA Gondomar, o recente campionato mundial júnior de Lucas Yáñez en patinaxe artística ou o gran papel da delegación galega en eventos internacionais como os World Roller Games de Barcelona 2019.