• Con motivo dá estrea e inicio do percorrido dás actuacións dos Bolechas no outono, asistiu un convidado especial: o xefe do Servizo de Coordinación Cultural dá Xunta de Galicia, Severino Álvarez Monteserín.
No día de onte os máis novos da casa, e os non tan novos pasaron unha tarde espectacular, a cal foi un rotundo éxito, como adoita pasar cada vez que nos visitan os nosos amigos “OS BOLECHAS”
Nesta ocasión foi un encontro algo máis especial, ao comezar en Laxe esta nova aventura titulada “OS BOLECHAS FAN O CAMIÑO MARCIANO” e na que a parte de gozar da actuación, puidemos contar cun invitado de excepción que acompañou a Os Bolechas nesta actuación, como é Severino Álvarez Monteserín ( xefe do Servizo de Coordinación Cultural dá Xunta de Galicia) o
cal foi recibido polo goberno de Laxe antes do comezo do espectáculo.
O alcalde José Luís é coñecedor que o sinónimo de Os Bolechas é “Éxito e Cultura” e por tal motivo o rexedor convidounos a que se volvan a pasar por Laxe canto antes, e se é posible cunha das súas novas aventuras, que tanto gustan a pequenos e a maiores