Friday 22 de November de 2024

O Concello organiza oito talleres gratuítos de cociña mariñeira para apoiar á hostalería local


• Estarán impartidos por un cociñeiro ou cociñeira de prestixio e un dos obxectivos é recuperar receitas populares da contorna.

• Celebraranse desde novembro ata marzo e a inscrición pode formalizarse en obradoiroscocina@gmail.com ou no 660 634 975.

• Este programa está financiado polas axudas do GALP a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e a Consellería do Mar.

O Concello de Miño lanza oito talleres, totalmente gratuítos, centrados na cociña mariñeira co obxectivo de apoiar á hostalería local e fomentar novas iniciativas entre o sector, ademais de recuperar, de forma colectiva, receitas populares da contorna vinculadas á cultura mariñeira do pobo.

Estarán impartidos por un cociñeiro ou cociñeira de prestixio que, a través de contido práctico, abordará: métodos para conservación e manipulación do produto, traballo cos produtos locais e coñecemento sobre os provedores da contorna e técnicas de elaboración actuais con empratados innovadores.

Os talleres celebraranse desde o mes de novembro de 2021 ata o mes de marzo de 2022 no edificio da Confraría de Pescadores de Miño, que colabora con este proxecto, financiado coas axudas do Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e a Consellería do Mar.

Poderán participar un máximo de dúas persoas de cada establecemento de hostalería e a inscrición pode formalizarse no correo electrónico obradoiroscocina@gmail.com ou no teléfono 660 634 975.
“Un dos propósitos deste proxecto é que, entre todos os participantes, chéguese a acordar un prato innovador e representativo de Miño, que utilice produtos locais da terra e do mar e así consolidar unha marca gastronómica de calidade no municipio”, destaca o concelleiro de Turismo e Promoción Económica, José Manuel Pantín Morado.