Saturday 23 de November de 2024

A Xunta rematará no 2022 a dixitalización e a implantación de sistemas de videoconferencia en todos os xulgados galegos


― Na presentación da “X Xornada de informática xudicial e delitos informáticos, IuristicGal”, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, reafirmou o compromiso do Goberno galego coa modernización da xustiza para afrontar “os novos retos” na súa xestión e administración

― A directora da Amtega destacou destacou que Galicia ten en marcha aEstratexia Dixital 2030, que no ámbito xudicial aposta por consolidar o Expediente Xudicial Electrónico pola aplicación da intelixencia artificial e a intelixencia do dato para mellorar a eficiencia e a seguridade da Xustiza

― Martín subliñou que a actividade xudicial en Galicia non se paralizou na pandemia porque a Xunta, da man da Amtega, fixo os deberes investindo previamente 50M€ nos plans Senda I e Senda II para a modernización do sistema

― A Xunta traballa nun novo Plan Senda 21-25 para completar o proceso de adecuación dos xulgados ás novas tecnoloxías a través dunha xustiza sen papel, máis áxil e eficaz

A Xunta rematará no 2022 a dixitalización e a implantación de sistemas de videoconferencia en todos os xulgados galegos. Un paso máis na Estratexia Galega de Dixitalización 2030 que no ámbito xudicial no ámbito xudicial aposta por consolidar o Expediente Xudicial Electrónico, incrementar a dixitalización dos procedementos xudiciais dixitais e aplicar a intelixencia artificial e a intelixencia do dato para mellorar a eficiencia e a seguridade da Xustiza.

Así o avanzaron hoxe o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, na inauguración da X Xornada de informática xudicial e delitos informáticos, IuristicGal, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia en colaboración coa Xunta e que se celebrou no Centro GaiasTech.

Martín subliñou que a pandemia foi unha proba de resistencia para a actividade xudicial pero tamén un tempo de avaliación do que había que mellorar atendendo aos retos que se lle presentan a administración da xustiza, e asegurou que se a actividade xudicial en Galicia non se paralizara fora porque os deberes estaban feitos, xa que o Goberno galego investiu nos últimos anos 50 millóns de euros na modernización da xustiza a través dos plans Senda I e Senda II.

O director xeral de Xustiza avanzou que estaba en marcha xa o Plan Senda 21-25 para completar o proceso de adecuación dos xulgados ás novas tecnoloxías a través dunha xustiza sen papel, máis áxil e eficaz, e que xa no 2022 rematará a dixitalización e a implantación de sistemas de videoconferencia en todos os xulgados galegos.

A dixitalización de todas as salas de vistas permitirá funcionar de maneira integramente dixital, coa exhibición do expediente dixital na vista e con sistemas de videoconferencia e gravación integrada que permiten a incorporación do devandito expediente xudicial.

Por outra banda, as sedes xudiciais de Galicia dispoñen desde o ano 2017 de sistemas de videoconferencia, con 194 puntos instalados que se incrementarán no 2022 para chegar a todos os xulgados galegos. Ademais, todos os partidos xudiciais con tres xulgados ou máis contarán con salas integramente dixitais para declaracións e celebración de videoconferencias que permitan a súa gravación, contribuíndo así ao acceso á xustiza baixo parámetros de eficiencia e de seguridade.

Estratexia Galicia Dixital 2030
A directora da Amtega destacou a importancia da aplicación das tecnoloxías disruptivas en todos os sectores produtivos e os servizos públicos. Lembrou que este ano o Goberno galeo puxo en marcha a Estratexia conseguir que Galicia acade ás máximas capacidades en tecnoloxías chave nesta década como a intelixencia artificial, a ciberseguridade, a intelixencia do dato e o 5G.

Sobre a Intelixencia Artificial, un dos temas centrais da xornada, Pereira lembrou que Galicia xa conta coa súa propia Estratexia cuxa aplicación redundará na eficiencia do sistema xudicial. Ademais, sinalou que Administración asúmese un rol tractor para incrementar os investimentos na intelixencia artificial a través da colaboración público-privada e promover o seu en sectores crave da economía galega en na mellora da prestación de servizos. A responsable autonómica fixo especial fincapé en que a implantación das solución de IA irán acompañadas do marco ético e legar a adecuado para os dereitos da cidadanía neste novo contexto.

Loita contra os delitos telemáticos
Juan José Martín chamou a atención sobre o incremento da ciberdelincuencia nos últimos anos. Atendendo á memoria da Fiscalía Xeral do Estado, no ano 2020 incoáronse 16.914 procedementos xudiciais por esta causa, un 28,7% máis que no ano 2019, e cunha tendencia ascendente que se incrementou coa pandemia. O vicepresidente primeiro advertiu de que, como mudan os tempos, “mudan os delitos e muda a delincuencia”, e que é obriga de todos os estamentos que interveñen na administración da xustiza dotarse de todas as ferramentas, tanto materiais como de formación, “para gañarlle a batalla aos criminais”.

Nese contexto, Martín destacou os convenios asinados entre o Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para poñer en coñecemento dos profesionais da xustiza os últimos avances e ferramentas na investigación dos delitos informáticos e da nova realidade tecnolóxica, e puxo en valor a axuda dos peritos informáticos nas causas xudiciais e as claves de valoración da proba informática, acadando deste xeito unha xustiza acorde coa nova realidade tecnolóxica porque “ a xustiza non pode ser allea á sociedade na que vive”.