· O edil de Cultura e Educación, Juan Cao, sinalou que desde o equipo de goberno local “queremos seguir ofrecendo unha programación para todas as idades que sirva para ampliar coñecementos así como, desde ou plano social, para crear comunidade”.
· As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 29 de outubro chamando aos teléfonos do Concello 981 400 000 e 981 40 25 42.
O Concello segue dinamizando o municipio con múltiples actividades culturais, turísticas e formativas ás que se suman agora cursos de informática, manualidades, cociña e de memoria. Os centros sociais situados nas diferentes parroquias do concello serán o escenario destas clases, que darán comezo en novembro e finalizarán en decembro.
“Estas aulas súmanse ás organizadas na Aula CeMIT e aos múltiples talleres formativos e actividades coas que queremos seguir ofrecendo unha programación para todas as idades que sirva para ampliar coñecementos así como, desde ou plano social, para crear comunidade”, sinalou o edil de Cultura e Educación, Juan Cao.
Así pois, dentro desta programación, o Concello organiza talleres para exercitar a memoria. Estes terán lugar os martes nos centros sociais de Barbos e Ladrido, os xoves en Senra, Ponche Mera e Ortigueira e os venres en Porto de Espasante e Couzadoiro. Estes darán comezo 2 de novembro e finalizarán o 17 de decembro.
A programación tamén inclúe clases de cociña, que se celebrarán os martes no local social de Mera de Arriba e os luns en Céltigos e Loiba. As aulas desta especialidade terán o seu inicio tamén o 2 de novembro e o seu final o 14 de decembro.
En canto ás clases de manualidades, estás celebraranse os mércores en Tiroteo, Abasteira e San Claudio e os martes en San Adrián. O comezo destas clases será o 2 de novembro e acabarán o 14 de decembro.
Por último as clases de informática impartiranse do 2 de novembro ao 17 de decembro nos locais de Abasteira (luns), Tiroteo (luns), Ortigueira (martes), Senra (martes), Barbos (martes), Loiba (mércores), Céltigos (mércores), San Adrián (xoves), Ponche Mera (xoves) e San Claudio (xoves).
As persoas interesadas en apuntarse a algunha destas iniciativas poderán facelo ata o 29 de outubro nos teléfonos do Concello 981 400 000 e 981 40 25 42 (educadora familiar).