O goberno provincial desbloqueou o inicio do proxecto de ampliación da DP 0402 de Ares a Chanteiro
A Deputación da Coruña aprobou esta mañá en pleno diversos proxectos de mellora de estradas provinciais para gañar en seguridade viaria ao longo de toda a provincia e que suman 2.176.283,68 euros.
A actuación máis destacada polo seu orzamento é a que se levará a cabo na DP 0402 que une Ares e Chanteiro. Trátase da primeira fase do proxecto de ampliación e mellora do trazado, desbloqueado por este goberno provincial, e que inclúe actuacións dende o inicio da estrada ata a glorieta de Chanteiro, o que supón preto de catro quilómetros de obras.
Neste tramo se ensanchará a calzada, que pasará a ter dous carrís de 3,5 metros cada un (agora miden 2,7), e unha plataforma peonil de dous metros de ancho na marxe esquerda da estrada, separado por un beiravía con bordo. Ademais, nos lugares de Cervás e Chanteiro vanse executar dúas glorietas rebasables para acondicionar e reordenar as interseccións coa DP 0403 e cun camiño veciñal do entorno. Tamén se mellorará a sinalización nos viarios anexos.
Aproveitando a actuación, realizaranse obras de saneamento e iluminación. Vaise mellorar a rede de recollida de pluviais nos tramos con beirarrúas, nas plataformas peonís, e as augas superficiais serán evacuadas ao exterior da calzada.
O firme será renovado con tratamento superficial, capa de rodadura e rego de adherencia e imprimación, capas de grava e zahorra artificial. O proxecto implica varios muros de contención, execución de terrapléns e desmontes.
En total, o investimento está preto dos 1,5 millóns, 1.212.735,62 destinados aos traballos e outros 223.014,75 para a expropiacións de fincas necesarias para a ampliación da calzada. O proxecto está incluído no Plan de Investimento de Vías Provinciais 2015.
Por outra banda, en Moeche, a Deputación colaborará na mellora da capa de rodaxe do mercado con 240.249,94 euros. Neste proxecto, que asume en solitario a institución provincial, tamén se mellorarán as estradas de Casanova a Canosa (Abade), Casanova a Xanfero (Abade), San Ramón a Pardiñas-Río Vello, Folgosa a Vilazanche, Porto da Pena a Santa Cruz; e o camiño de Santa Cruz a Amosa. Os traballos incluirán a apertura de cunetas, a limpeza e sinalización vertical, segundo as necesidades de cada viario. En total, actuarase ao longo de 11.430 metros.
Nova senda peonil na comarca da Coruña
Por outra banda, dentro do Plan de Sendas Peonís deste ano, a Deputación mellorará a seguridade viaria na DP 0512 do Birloque a Arteixo por Uxes.
O obxectivo é dar continudade ao percorrido que xa existe. Para iso vaise construir unha senda de aglomerado na marxe dereita da estrada coa correspondente actuación na rede de pluviais, sinalización horizontal da línea da beiravía e do eixo, así como a instalación de novas sinais e recolocación das xa existentes. O investimento é de 40.560,92, incluíndo as expropiacións necesarias.
Tamén dentro da comarca coruñesa, o pleno da Deputación aprobou dous convenios: un co concello de Oza-Cesuras e outro co de Sada. No primeiro caso a Deputación achegará 32.000 euros para as obras de aglomerado de camiños e campos da festa nas parroquias de Cutián, Trasanquelos, Mandaio e Probaos (acceso a Rilo). Neste caso, a institución provincial asume o 80% do custe total.
A mesma porcentaxe se sufragará na obra de Sada e que ascende a 50.000 euros (40.000 dos fondos provinciais). Neste caso a actuación consiste na adecuación do aparcadoiro de taxis que hai na contorna do edificio da Terraza.
En concreto, as obras consisten na pavimentación e acondicionamento da parte trasera-sur e lateral do edificio, o traslado da parada de taxis (pintado incluído) con capacidade para 25 vehículos e a execución dunha beirarrúa coas características de paseo marítimo, xa que terá 3,5 metros de ancho e se fará con soleira de formigón armado coloreado, dando continuidade ao resto de sendeiros peonís.
No concello de Vilarmaior, a Deputación subvencionará con 97.728,70 euros o 100% do custe de asfaltado e mellora do estado dos camiños rurais de O Regueiro, Liñares, Millarengo, As Lobeiras e Vilapape.
Melloras en Dodro e Laxe
En Dodro asinarase un convenio co concello para financiar con preto de 200.000 euros as obras de mellora no acceso a Revixós e outros camiños.
O proxecto inclúe mellorar a capa de rodadura, limpeza e formación de novas cunetas, adaptación de arquetas e pozos na nova rasante e canalización de pluviais. Intervirase no acceso a Revixós, pavimentacións interiores en Tarrio; no camiño de Castro a Estrada Teaio, no de Tras o Pazo en Lestrove, de Pintor-Cancela a Brea; dende a AC-305 (Xuncos) a Rial (Parafita) e no camiño Teaio-Bustelo. Así mesmo, executaranse beirarrúas no CPI de Dodro e repararase a drenaxe transversal en Bexo.
O pleno tamén aprobou a sinatura dun convenio co concello de Laxe polo que recibirán 89.993,75 euros para sufragar o 90% dun proxecto que inclúe a pavimentación do cemiterio e de varios camiños. No camposanto está previsto demoler dous tramos de escaleiras na parte máis alta das zonas comúns e alí vanse executar novos chanzos con dimensións adaptadas e a dotación dun pasamáns de aceiro galvanizado. Pavimentarase tamén o camiño perimetral e, na parte inferior, haberá un valado de madeira de carácter ornamental.
No que se refiere ao resto de camiños, intervirase no viario que vai de Santa Rosa ao depósito de agua, no de Mordomo, e outros en Coens e Gundar.
POS 2015
Na sesión desta mañá tamén se aprobou o Plan Provincial de Cooperación ás obras e Servizos de Competencia Municipal, POS 2015, que está dotado con 24,2 millóns de euros. Deles, 19,2 van destinados a obras e outros 4,9 a gasto corrente.
En total, grazas a estas achegas da Deputación, desenvolveranse 234 obras ao longo dos 93 concellos da provincia.