Friday 22 de November de 2024

Os maiores da Aula de Lousame da UNED Sénior inician o curso 2021-2022 cun concerto na praza Teodomiro Hidalgo


Os maiores da Aula de Lousame da UNED Sénior ofreceron este mediodía un concerto na praza Teodomiro Hidalgo (Portobravo) para celebrar o inicio do curso 2021-2022. Unha iniciativa na que estiveron acompañados por alumnos e alumnas da UNED Sénior de Guitiriz, Momán, Paderne e Monfero, cos que posteriormente compartiron un xantar de confraternidade en Cabanetán.

O concerto estivo dirixido por Fernando do Campo e Fran Cupeiro, profesores das Aulas de Lousame e Guitiriz, respectivamente. A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, puxo en valor non só o nivel musical acadado polo alumnado senón na importancia de manter os lazos de amizade coa veciñanza e con agrupacións doutros municipios, que se viron resentidas durante a pandemia.

Neste sentido, destacou a importancia que ten a UNED Sénior en Lousame, pois “levan seis anos traballando para ofrecer aos nosos maiores unha formación coa que mellorar a súa calidade de vida, pois estou convencida de que una persoa aprende dende que nace e que dá igual a idade que un teña”.