Na xornada deste 20 de outubro iniciouse na Pobra o curso de intervención en maiores dependentes destinado a persoas coidadoras e cidadanía en xeral que organiza a Concellaría do Desenvolvemento Local, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns.
A edil Amparo Cerecedo (BNG) e a orientadora laboral do Concello, Blanca Álvarez, desprazáronse ata a aula multiúsos da Casa da Mocidade, lugar onde se imparte o contido, para recibi-la vintena de persoas participantes no inicio das clases.
A dita acción formativa rematará no 22 de outubro e estrutúrase en tres partes: coidados básicos na demencia tipo alzhéimer, na xornada do 20; mobilizacións e hixiene postural, no día 21; e prevención de úlceras por presión e sinais de alarma en alzhéimer, no día 22. Os obxectivos principais son que as persoas asistentes adquiran coñecementos básicos e competencias sobre as cuestións xa referidas, así como aclarar aquelas dúbidas que poidan ter ao respecto.