Friday 22 de November de 2024

A Xunta destaca o compromiso económico da Xunta nos orzamentos autonómicos con preto de 11M€ en infraestructuras para a comarca de Bergantiños-Costa da Morte


― O delegado da Xunta na Coruña reuniuse esta mañá cos representantes dos empresarios do polígono de Bértoa en Carballo para presentar a proposta de ampliación deste parque empresarial

― Trenor anunciou que os orzamentos da Xunta para o 2022 contemplan en relación cos polígonos industriais unha reserva de 450.000 euros para solo empresarial en Carballo por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reunise esta mañá cos representantes do empresarios do polígono de Bértoa en Carballo para presentarlles a proposta de ampliación deste parque empresarial. Neste senso, lembrou que o 15 de outubro licitouse o contrato da redacción do proxecto de interese autonómico que posibilitará esta actuación, por un total de máis de 78.000 euros. As empresas interesadas teñen ata o 29 de novembro para presentar as súas ofertas. O terreo obxecto desta ampliación sitúase en dous sectores que suman unha superficie total de 554.007 metros cadrados, o que fará que o polígono chegue ata os 1,8 millóns de m2.

O representante do Goberno autonómico resaltou que a previsión inicial de investimento nesta ampliación será de arredor de 25 millóns de euros, e as inversións por parte da Xunta centraranse na urbanización e as conexións de saneamento.

Trenor destacou a importancia deste paso e recalcou que a Xunta cumpre a palabra dada para facer realidade esta ampliación tan demandada polos empresarios porque na actualidade a maior parte deste polígono xa está vendido. De feito, só este ano o Goberno galego adxudicou 27.285 m2, por importe de máis de 1 millón de euro, despois de aplicar unha bonificación do 50%, é dicir, doutro millón de euros.
Neste momento só estarían dispoñibles 5 parcelas máis para venta directa, ademais doutras que están en proceso de transformación xurídica para uso mixto comercial-industrial, e algún espazo máis reservado para dotacións municipais.

O delegado da Xunta subliñou que queda moito traballo por diante pero recalcou que a Xunta traballa polo futuro de Carballo e de toda esta comarca dando resposta ás demandas dos seus veciños.
Orzamentos infraestruturas

No encontro, o delegado da Xunta anunciou que os orzamentos da Xunta para o 2022 contemplan en relación cos polígonos industriais unha reserva de 450.000 euros para solo empresarial en Carballo por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

avanzou que os Orzamentos de 2022 da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade recolle investimentos concretos para distintas actuacións que supoñen un investimento de preto de 11 millóns de euros.

Neste sentido, explicou que as contas da Xunta de 2022 recollen unha partida de 3,43 millóns de euros para a continuación da autovía da Costa da Morte, entre Baio e Berdoias.

Ademais á Variante de Carballo está previsto destinar unha partida de 500.000 euros para avanzar no seu deseño e trámites administrativos.

As contas autonómicas tamén reservan 1,4 millóns de euros para bonificar as peaxes da autoestrada A Coruña-Carballo, AG-55.

O representante do Goberno autonómico tamén puxo en valor os investimentos de Augas de Galicia nesta comarca, que suman 5,65 millóns de euros: para o plan de xestión de inundacións do Río Anllóns con 870.000 euros; a mellora da rede de abastecemento da Laracha con 1,85 millóns de euros; ou a actuación máis importante de mellora de saneamento nos concellos de Cee e de Corcubión, que contarán con 2,93 millóns de euros no 2022.

Trenor incidiu no feito de que os orzamentos autonómicos entrarán en vigor no mes de xaneiro, unha circunstancia que, defendeu, permitirá aos coruñeses “planificar con rigor e saber con exactitude os proxectos que levará a cabo a Xunta nun ano no máis ca nunca esa seguridade é moi necesaria. “A estabilidade política que temos en Galicia dános a posibilidade de redactar unhas contas que nos permitirán xerar emprego, mellorar os servizos públicos e axudar ás familias, empresas e autónomos que peor o están pasando”, rematou