— A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou hoxe que o Goberno galego distribuíu 2,5M€ de axudas de 64 municipios que chegaron a máis de 2.400 hostaleiros, dos que 28 concellos adheridos e 1.136 locais beneficiarios foron da provincia da Coruña
— O Goberno galego adiantou a cantidade que os concellos que decidiron utilizar a plataforma da Xunta tiñan previsto destinar aos hostaleiros do seu municipio
— A maiores, a Xunta destinou case 90M€ de fondos propios ao sector da hostalería nas dúas convocatorias dos Plans de Rescate, dos que case 35M€ chegaron a negocios da provincia coruñesa
— O Goberno galego leva investidos 120M€ na recuperación do sector turístico, entre as axudas dos dous Plans de Rescate e as distintas medidas e liñas de axudas postas en marcha ao longo deste ano
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo hoxe balance das axudas dos concellos aos locais de hostalería do seu municipio tramitadas a través da plataforma empregada pola Xunta para abonar as contías dos beneficiarios das dúas convocatorias do Plan de Rescate.
Na súa visita hoxe, acompañada do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, a un dos establecementos beneficiarios no concello de Mugardos, lembrou que os municipios interesados en repartir as súas axudas aos hostaleiros a través da plataforma da Xunta sumáronse de forma voluntaria aos convenios para que o Goberno galego adiantase a cantidade que teñan previsto destinar aos hostaleiros do seu municipio, e que se viron afectados polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitárias.
Foron 64 concellos os que optaron por esta vía para achegar as axudas con maior axilidade e que se sumaron ás do II Plan de Rescate da Xunta, o que permitiu distribuir 2,5 millóns de euros entre 2.400 hostaleiros da comunidade.
En concreto, da provincia coruñesa foron 28 os municipios adheridos á plataforma da Xunta e 1.136 os establecementos beneficiarios. Por comarcas, as axudas dos concellos por esta vía chegaron a 267 locais de hostalería da comarca de Ferrol, outros 167 da da Coruña, 286 da de Santiago, 267 da de Carballo-Costa da Morte e 149 da de Barbanza.
Deste xeito, estes municipios interesados en repartir as súas axudas á hostalería empregando a plataforma da Xunta formalizaron un convenio tipo para que o Goberno galego adiantase a cantidade que os concellos tiñan previsto destinar aos seus propios hostaleiros, que se lles detraerá, segundo decidise cada entidade local ao formalizar o acordo, ben con cargo ás transferencias do Fondo de Cooperación Local ou con cargo ás partidas orzamentarias municipais.
Natalia Prieto sinalou que con esta medida a Xunta continou a tramitar o antes posible o apoios aos sectores afectados pola pandemia axilizando os procedementos e os pagos. Así, lembrou que entre os dous Plans de Rescate, o Goberno galego mobilizou en menos de seis meses máis de 182 millóns de fondos propios a autonómos, microempresas e negocios de hostalería. Case a metade do orzamento corresponde á hostalería con case 90 millóns de euros, case 35 millóns na provincia da Coruña.
Ademais, no caso das comarcas de Ferrol e A Coruña, os hostaleiros destas zonas recibiron 16,5 millóns de euros do I e o II Plan de Rescate. En concreto, case 5 millóns de euros para atender máis de 2.100 peticións nos concellos da comarca ferrolá e máis de 11,6 millóns na da Coruña con case 5.000 solicitudes atendidas.
Entre os 90 millóns de euros dos Plans de Rescate da Xunta para os hostaleiros da comunidade e os 31,2 millóns das distintas convocatorias de axudas destinadas ao sector turístico e aos concellos e entidades para actuacións relacionadas con este ámbito, o Goberno galego leva investidos neste ano máis de 120 millóns de euros na reactivación do turismo galego.
Neste investimento inclúense os 16 millóns de euros do último paquete de axudas, con liñas dirixidas a apoiar o funcionamento das axencias de viaxes, á mellora das infraestruturas turísticas dos concellos de ata 10.000 habitantes, así como á adquisición de equipamentos poscovid como medidores da calidade de aire dos locais de hostalería e aloxamentos e ao apoio en medidas de dixitalización e promoción destes negocios para captar visitantes.
CONCELLOS
COMARCA FERROL |
AXUDAS Á HOSTALERÍA DOS I E II PLAN DE RESCATE | CONTÍA EN EUROS |
Ares | 102 | 182.550 € |
Cabanas | 25 | 56.850 € |
Capela, A | 15 | 40.025 € |
Cariño | 34 | 85.160 € |
Cedeira | 78 | 176.160 € |
Cerdido | 4 | 10.300 € |
Fene | 115 | 256.650 € |
Ferrol | 776 | 1.755.535 € |
Mañón | 20 | 55.000 € |
Moeche | 12 | 23.925 € |
Monfero | 14 | 30.200 € |
Mugardos | 81 | 155.305 € |
Narón | 524 | 1.230.660 € |
Neda | 59 | 139.650 € |
Ortigueira | 31 | 91.060 € |
Pontedeume | 74 | 207.425 € |
As Pontes de García Rodríguez | 111 | 240.625 € |
San Sadurniño | 16 | 39.700 € |
As Somozas | 2 | 5.200 € |
Valdoviño | 50 | 118.325 € |
Vilarmaior | 3 | 11.900 € |
TOTAL | 2.146 | 4.912.205 € |
CONCELLOS
COMARCA A CORUÑA |
AXUDAS Á HOSTALERÍA DOS I E II PLAN DE RESCATE | CONTÍA EN EUROS |
Abegondo | 44 | 109.485 € |
Aranga | 8 | 19.400 € |
Arteixo | 423 | 962.805 € |
Bergondo | 41 | 107.525 € |
Betanzos | 136 | 364.540 € |
Cambre | 241 | 523.730 € |
Carral | 38 | 78.385 € |
Coirós | 11 | 27.100 € |
A Coruña | 3176 | 7.442.485 € |
Culleredo | 272 | 577.455 € |
Curtis | 29 | 82.500 € |
Irixoa | 5 | 8.100 € |
Mesía | 7 | 14.800€ |
Miño | 39 | 79.860 € |
Oleiros | 326 | 756.000 € |
Oza-Cesuras | 30 | 87.460 € |
Paderne | 9 | 20.500 € |
Sada | 126 | 304.445 € |
Sobrado | 21 | 60.700 € |
Vilasantar | 5 | 12.600 € |
TOTAL | 4.987 | 11.639.875 € |