• Terá lugar na Praia de Laxe este próximo domingo día 24 ás 11:00 horas.
Este próximo domingo día 24 terá lugar en Laxe unha nova competición da xornada de Liga Internacional de Billarda, para as categorías de Infantil, Feminina e Absoluta, o consistorio a través do seu Facebook, informou a todos os interesados en participar neste campionato, que se poñan en contacto
co departamento de Cultura do concello, ou por teléfono, ou por email a cultura@concellodelaxe.com informado do seu nome e apelidos, DNI, ano de nacemento e un teléfono de contacto.
Para os que non coñezan este deporte, podemos dicirlle que é un deporte que ten a súa orixe na Mariña de Lugo e que un grupo de persoas recuperaron esta practica; xa que en pleno século XXI, case
se perdeu a tradición deste xogo, que só se realizaba en actos moi especiais e festivos.
Esta Liga LNB esta organizada nestes momentos en 3 conferencias:
Norleste, Noroeste e Rías Baixas, en que cada Conferencia disputa un número de xornadas anuais. Nesta final participan aquelas persoas que se clasificaron pola súa Conferencia respectiva. Este evento realizarase na Praia de Laxe este domingo día 24 ás 11:00 da mañá cunha duración estimada de aproximadamente de 2 horas, e se o tempo non acompaña, este evento será trasladado ao Pavillón Municipal.