Friday 22 de November de 2024

Talía Teatro recala na Pobra coa función Vida de cans


Ao abeiro da programación cultural que transcorrerá na Pobra durante o último trimestre do ano con sesións teatrais dirixidas a maiores de 16 anos, Talía Teatro subirá ás táboas do teatro cine Elma para representar Vida de cans. Será no 24 de outubro, ás 19.00 horas.

Escrita e dirixida por Cándido Pazó, trátase dunha alegoría canina en cinco ladridos escénicos con Dani Trillo, Toño Casais e Artur Trillo.

A entrada é de balde e as reservas débense efectuar na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981831545. Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.