Saturday 23 de November de 2024

O Concello subscribe convenios por valor de máis de 16.000 euros cunha decena de entidades deportivas, culturais e ambientais


· Con estes acordos, o goberno local reforza o seu compromiso co tecido asociativo, que “vén de vivir un ano e medio especialmente difícil por mor da pandemia, tendo que parar a súa actividade”.

O alcalde de Carral, Javier Gestal, asinou, esta semana, unha decena de convenios de colaboración con entidades deportivas e culturais, así como cunha asociación medioambiental do municipio. Con estes acordos, que ascenden a 16.400 euros, o goberno local reforza o seu compromiso co tecido asociativo do municipio, que “vén de vivir un ano e medio especialmente difícil por mor da pandemia, tendo que parar a súa actividade”.

Os acordos subscribíronse coas seguintes entidades:

U.D. Carral: 8.000 euros
Club Patinaxe Alquimia de Carral: 1.300 euros
Club Ximnasia Rítmica Carral: 1.000 euros
Centro Ecuestre Finca Abrigosa: 1.000 euros
Club Deportivo Ares Racing: 1.000 euros
Club BTT Carral: 900 euros
Club de Tiro Olímpico: 600 euros
Custodia do Territorio de Carral “Brexa”: 1.000 euros
Asociación cultural “Cultura Aberta”: 600 euros
Asociación cultural “Aires de Carral: 1.000 euros
As contías servirán para sufragar, entre outros, os seguintes gastos: desenvolvemento de actividades e posta en marcha de escolas deportivas, organización e participación en torneos e competicións, adquisición de material, transporte, licencias federativas, realización de charlas, organización de actividades culturais e doutro tipo, etc.