O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo participou hoxe en Madrid nos actos do Ano Europeo do Desenvolvemento
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo participou hoxe en en Madrid nos actos do Ano Europeo do Desenvolvemento nunha reunión coas institucións europeas, onde reiterou a importancia das entidades rexionais e locais perante os órganos da Unión Europea.
Jesús Gamallo explicou na súa intervención a necesidade de que a axuda da Unión Europea en materia de Cooperación ao Desenvolvemento teña en conta a aportación das entidades rexionais e locais, que aportan unha mellor coordinación, maior especialización e un coñecemento profundo do impacto real ao beneficiarios.
Ase mesmo, na mesma liña o director xeral destacou que é fundamental o traballo coordinado de todos os niveis de goberno para actuar con maior eficacia no logro dos obxectivos comúns, polo que é necesario buscar complementariedades e evitar duplicidades co fin de contribuir ao enriquecemento e eficacia da politica de cooperación ao desenvolvemento, para o que hai que avanzar, segundo as súas palabras, na distribución de responsabilidades entre os diversos actores tendo en conta a súa especialización e experiencia e poñendo en valor o importante traballo das entidades rexionais e locais.
Gamallo explicou que a Comunidade Autónoma de Galicia, no seu Plan Director de Cooperación 2014-2017, xa identifica países prioritarias e áreas de traballo onde ten máis experiencia, como pode ser a seguridade alimentaria, a pesca, a acuicultura, a soberanía alimentaria ou o tratamento de residuos.
Comité das Rexións
O titular de Exteriores referiuse tamén ao importante labor do Comité das Rexións da UE, que comparte coa Comisión Europea un Portal web cuxo fin e apoiar, fomentar e aumentar a eficiencia das actividades de cooperación descentralizada dos entes rexionais e locais.
Ademais, fixo fincapé nos dous dictames que o Comité das Rexións aprobará en 2015 sobre Cooperación, concretamente sobre Comercio Xusto e sobre Vivir Mellor.