Friday 22 de November de 2024

A Casa da Cultura de Lousame acollerá este sábado unhas xornadas formativas gratuítas sobre nutrición e planificación en montañismo


A Casa da Cultura de Lousame acollerá este sábado 16 de outubro, ás 19:00 horas, unhas xornadas formativas sobre nutrición e planificación de actividades no medio natural organizadas polo Club Lousame Deporte, en colaboración co Concello de Lousame e a Federación Galega de Montañismo. Unhas xornadas gratuítas pero con aforo limitado, polo que é preciso anotarse previamente en bandoticket.com.

As xornadas constarán de dúas conferencias. A primeira delas, “Planificación en montañismo e no medio natural: obxectivos e riscos”, será impartida por Joaquín F. Gómez, profesor da Escola Galega de Alta Montaña ás 19:00 horas. Ás 20:15 horas, Adrián Maroñas, educador físico, readaptador de lesións e dietista-PNI, falará sobre “Educación nutricional para deportistas: buscando o máximo rendemento”.

Con esta iniciativa, o Club Lousame Deporta retoma o plan de formación, interrompido por mor da pandemia da Covid-19. “Nesta xornada trataremos temas moi importantes, como son a nutrición e a planificación en actividades no medio natural. Consideramos que a seguridade e a saúde son aspectos moi importantes nas persoas e, cando máis preparadas estean nestes ámbitos, mellor”, explican dende Lousame Deporte.