A próxima cita terá lugar o venres 15 de outubro, ás 18:00 horas, coa música de Pakolas e a actuación “Ramona Órbita”
Case medio cento de veciños e veciñas de Brión, distribuídos por familias, desfrutaron esta fin de semana da segunda das actuacións programadas polo Concello de Brión para celebrar o mes da biblioteca. Unha iniciativa organizada pola Biblioteca Municipal de Brión a través do programa Ler conta moito.
Desta vez o protagonista foi Pedro Brandariz, que presentou na sala municipal de exposicións a comedia “Médico de familia”. Unha divertida actividade na que Brandariz ofreceu unha visión cómica dos novos modelos familiares, apoiándose en libros como “Con Tango son tres” ou “O libro dos porcos”.
Para o próximo venres 15 de outubro, ás 18:30 horas, o Concello de Brión ten programada a actuación de Pakolas co seu espectáculo “Ramona Órbita”. Trátase dun espectáculo musical baseado no libro-disco do mesmo nome no que Pakolas emprega o rock & roll para concienciar aos asistentes na importancia de protexer a natureza. A actuación terá lugar na sala de exposicións municipal de Brión, salvo que as condicións meteorolóxicas permitan o seu traslado á Carballeira de Santa Minia, para así gañar en aforo.
A entrada é de balde ata completar o aforo, sendo preciso reservar localidade na biblioteca municipal, no teléfono 981 50 99 69 (de 17:00 a 22:00 horas) ou no correo bibliotecadebrion@briondixital.org.