O Concello de Touro continuou nos últimos meses co traballo de recuperación e restauración de fontes e lavadoiros en todo o municipio. Durante os meses de verán e o inicio do outono os traballadores da brigada municipal fixeron traballos de rehabilitación e acondicionamento da fonte de Vilanova, na parroquia de Beseño; remataron os traballos iniciados durante o pasado ano na fonte das Penas e no seu lavadoiro, en Xondo, parroquia de Novefontes; e recuperando unha fonte e o seu lavadoiro na parroquia de Loxo. Tamén foron restaurados os lavadoiros da Muíña e de Laña, na parroquia de Quión.
A fonte de Vilanova foi recuperada na súa totalidade. É unha pequena edificación onde no seu interior atópase unha mina que mana auga, que sae ao exterior por dous canos. Conta tamén con esceleiras polas que se pode acceder. Pola súa banda, na fonte das Penas rematouse o traballo iniciado o pasado ano e agora conta cun novo tellado para uso e disfrute dos veciños e veciñas. O lavadoiro e fonte da parroquia de Loxo foi recuperado totalmente.
O Concello de Touro traballa na recuperación deste patrimonio de fontes, lavadoiros e mananciais empregando fondos municipais. Hai tempo que comenzou. Xa restaurara a fonte próxima á igrexa parroquial de Novefontes. Outra das primeiras fontes restauradas foi a da localidade de Peixón, en Loxo. Tamén foi restaurada a fonte da capilla de San Cidre, en Tarrío. O Concello de Touro tamén acondicionou fai uns anos o acceso á fonte de San Breixo, denominada tamén Fonte do Santo, na parroquia de Foxás.
O Concello de Touro está decidido a recuperar o seu patrimonio. “Tratamos de mellorar as condicións do noso medio rural e mellorar o benestar dos veciños e veciñas das 19 parroquias que integran o noso municipio”, explica o alcalde Ignacio Codesido.