Friday 22 de November de 2024

Aberta ata o 13 de outubro a inscrición ao roteiro de sendeirismo Ruta da Ribeira do Ulla, prevista para o 16 de outubro e organizada polo Concello de Touro


Os interesados en facer o roteiro de sendeirismo Ruta da Ribeira do Ulla PR-G 93, que está previsto para o sábado 16 de outubro, teñen ata o día 13 de outubro para apuntarse. E poden facelo nos teléfonos 981.814.566 e 981.504.029 ou no email turismo@concellodetouro.gal. A ruta, que ten unha lonxitude de 15,5 quilómetros, comenza en Ponte Basebe e remata en San Pedro de Ribeira. Un dos atractivos desta ruta é a fervenza do Inferniño. Na ruta, xa casi no final, tamén está o remanso de Pozo do Pego. Os sendeiristas interesados non pagarán nada por acudir á ruta, é de balde. As prazas son limitadas. A saída está prevista ás 09.45 horas desde a Casa do Concello de Touro. A duración prevista: 4 horas.