A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, anunciou esta mañá que o concello pon en marcha unha nova andaina guiada. Neste caso, dixo, tratase dunha ruta polas murallas da cidade. Esta iniciativa súmase as andainas guiadas polos espazos deportivos da cidade que a Concellería de Deportes iniciou no mes de marzo na que participaron até o momento 338 persoas.
A actividade, totalmente gratuíta, está inicialmente dirixida ao alumnado das Escolas Deportivas Municipais de máis de 18 anos. No caso de que queden prazas libres, estas abriranse á cidadanía en xeral, sempre e cando sexan persoas maiores de idade.
A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, destacou que “as andainas son unha proba da importancia das conexións que poñen en valor o binomio Turismo e Deporte para dar protagonismo a aquelas actividades deportivas que motiven a visitar a nosa cidade”.
E lembrou que a idea xurdiu en plena pandemia, para poder aproveitar todo o que se podía facer para saír da casa e desentumecer músculos “ao tempo que coñecemos historias da nosa cidade, historias do deporte coruñés e tamén historias da cidade mentres facemos exercicio”.
As andainas do mes de outubro serán as seguintes:
OPCIÓN 1: Ruta polo Deporte coruñés e 50 anos do Palacio dos Deportes de Riazor
Horario: 12.00 a 13.00 horas
Datas: Todos os venres de cada mes.
OPCIÓN 2: Ruta polas Murallas da Coruña.
Horario: 12.00 a 13.30 horas
Distancia aproximada: 4 quilómetros
Datas: Todos os domingos de cada mes.
As persoas interesadas en inscribirse deberán completar o formulario que se atopa na páxina web de Deportes ou ben chamar ao teléfono 981 18 98 00. As prazas asignaranse por estrita orde de inscrición.