Saturday 16 de November de 2024

Nava Castro presenta o libro ‘Gastronomía Monacal en Galicia” no marco do VIII Centenario de San Francisco de Asís a Compostela


A publicación inclúe algunhas das mellores receitas concibidas nos fogóns monacais facendo un repaso polos principais pratos de repostaría da arte culinaria dos mosteiros

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe o libro ‘Gastronomía Monacal en Galicia” no marco da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela. O acto contou tamén coa presenza da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, o Prior da Real Abadía de Samos, José Luis Velez, e o director do libro, Miguel Vila.

A dita publicación inclúe algunhas das mellores receitas concibidas nos fogóns monacais facendo un repaso polos principais pratos de repostaría da arte culinaria dos mosteiros. Así, o libro descubre os segredos das receitas para facer os tradicionais amendoados, as anguías de Nadal e de mazapán, as canas ou “canutillos”, as cocadas, a empanada de mazá, as cordiais, a crema de xemas, o brazo de xitano, as rosquillas de xema, as papas de recortes ou a pularda do convento, entre outros moitos manxares.

Así mesmo, o libro ofrece un percorrido pola historia dos numerosos mosteiros e conventos que encóntranse no paso das diferentes rutas do Camiño de Santiago.

Deste xeito, a publicación pon en valor a calidade culinaria dos cenobios que constitúen un tesouro para a nosa Comunidade e un importante elemento de dinamización económica y turística e, sen os cales, nos sería posible a longa tradición coa que conta a gastronomía de Galicia.

A gastronomía monacal é a base de moitos dos pratos típicos galegos actuais e de numerosas receitas enraizadas a nosa cultura. Unha cociña que foi evolucionando co tempo pero que nunca perdeu a súa esencia: a tradición de unhas saborosas receitas que conquistan os padais máis esixentes.

Neste senso, cómpre destacar que a gastronomía constitúe un dos motivos principais polos que os viaxeiros se achegan a Galicia.

Esta acción súmase as outras grandes publicacións relacionadas con San Francisco realizadas con motivo da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago. Entre elas, destacou a versión galega do libro “As Floriñas”, traducida do italiano medieval por Darío Xohán Cabana, un dos grandes expertos mundiais en literatura medieval italiana, e magnificamente ilustrada por Darío Basso, e o cómic de San Francisco de Asís, grazas ao cal podemos coñecer dunha maneira amena e divertida a vida do santo e a súa peregrinación a Santiago de Compostela.