• A intervención conta cun orzamento de 38.793,81 euros cofinanciados entre o Concello e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).
• A actuación comezou coa limpeza de cunetas e o varrido do firme existente. Agora procederase á aplicación dunha nova capa de rodadura con aglomerado en quente.
O Concello de Miño acaba de iniciar os traballos pavimentación no camiño que une os núcleos de Lago e Fondal, na parroquia de Perbes. Esta intervención conta cun orzamento de 38.793,81 euros cofinanciados entre fondos municipais e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).
A actuación comezou coa correspondente limpeza de cunetas e o varrido do firme existente. Agora procederase á aplicación dunha nova capa con aglomerado en quente que permitirá incrementar notablemente as condicións de seguridade na vía.
Unha vez terminen os traballos instalarase un sistema para a recollida de pluviais e pintaranse as marcas viarias correspondentes.
Desde o goberno local destacan que a través deste proxecto “ estase a facilitar ou acceso de varios propietarios ás súas vivendas e parcelas agrícolas cun firme de boa calidade que permitirá estender a vida útil desta estrada durante varios anos”. “Apostamos por renovar a nosa rede viaria buscando sempre ou mellor rendemento económico e maximizando as prestacións para todas as persoas usuarias”, engadiron.