• A competición, que se celebrará o 9 de outubro, está coordinada polo Club Xadrez Guillán, conta co patrocinio do Concello e é valedoiro para o V Circuíto de Xadrez Deputación da Coruña 2021.
• As inscricións poden realizarse ata o venres 8 de outubro chamando ao 617 23 43 93 ou enviando un correo a pokeryajedrez@gmail.com.
Malpica acollerá o vindeiro sábado 9 de outubro a IV edición do Memorial Ángel Rubio de xadrez. A proba repartirá 800 euros en premios e é valedora para o V Circuíto de Xadrez Deputación da Coruña 2021.
Esta competición anual está coordinada polo Club Xadrez Guillán, organizada polo Club Xadrez Arteixo e patrocinada polo Concello de Malpica coa colaboración da Deputación, a Asociación de Olería de Buño e Frutas Fondo.
A proba terá lugar no pavillón municipal de Malpica e comezará ás 16:00 horas coa primeira rolda. O acto de clausura e de entrega de premios está previsto para as 21:00 horas.
As inscricións poden realizarse ata o venres 8 de outubro chamando ao 617 23 43 93 ou enviando un correo a pokeryajedrez@gmail.com. Os prezos son de 8 euros na categoría xeral, 5 euros en sub-16 e gratuíto para GM-MI e competidores locais.
As bases da competición están dispoñibles na páxina web http://www.pokeryajedrez.com/iv-concello-de-malpica/.