Saturday 16 de November de 2024

González Formoso valora o traballo dos socialistas en Ferrolterra para converter ao PSdeG na forza maioritaría da comarca


· Formoso lembrou que “o partido non é un instrumento en si mesmo senón unha ferramenta para aspirar a cambiar a sociedade”.

· Defendeu as Primarias como un instrumento democrático que mellora o partido e que “non hai que ter medo da militancia”.

· “Quen queira explotar os recursos naturais de Galicia ten que apostar por Galicia e por xerar emprego na nosa terra”, afirmou o candidato no eido da transición ecolóxica.

Valentín González Formoso continuou hoxe, martes 6 de outubro, cos seus encontros coa militancia que o levaron a Fene e Narón, onde valorou o traballo dos socialistas en Ferrolterra, que converteron ao PSdeG na forza maioritaría da comarca “onde o PSOE creceu de 3 a 13 alcaldías nos últimos anos e o PP só goberna en 3 Concellos”.

“Hai anos esta era a sede comarcal dos socialistas”, destacou en Fene ante unha sala chea, onde agradeceu “á militancia fenesa que fose o xerme dese proxecto municipalista que hoxe nos permite gobernar en 13 alcaldías desta comarca”.

O candidato á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE gabou o traballo das distintas agrupacións, “que están en contacto directo cos problemas dos cidadáns” porque “o Partido Socialista non é un instrumento en si mesmo senón unha ferramenta para aspirar a cambiar a sociedade, como dixo o fundador do partido, Pablo Iglesias”.

González Formoso destacou este traballo socialista no municipalismo como unha fórmula que pode trasladarse ao ámbito autonómico e afirmou que “non temos que resignarnos a non gobernar Galicia porque Galicia non é do PP, Galicia é de quen a entenda”. “Por primeira vez o Partido Socialista gañou en votos ao PP en Galicia nunhas eleccións xerais, por primeira vez o Partido Socialista conseguiu máis alcaldías na provincia da Coruña que o Partido Popular, por primeira vez o Partido Socialista goberna en 111 municipios e 3 Deputacións de Galicia pero, un ano despois, a sociedade nos coloca como terceira forza política no Parlamento galego. Creo que está situación merece unha autocrítica e unha reflexión”, incidiu.

Primarias, un instrumento que mellora o partido

O candidato Valentín González Formoso defendeu as primarias como “un instrumento democrático que mellora o partido. Non hai que ter medo á participación da militancia, a que elixa o mellor proxecto para o futuro do PSdeG, pero deben confrontar ideas e proxectos, nunca persoas”.

Ausencia de política industrial da Xunta de Galicia

En Fene e Narón Formoso sinalou tamén os “grandes retos que temos por diante no ámbito da transición ecolóxica. Hai que promover políticas para que a mocidade e o talento se queden e teñan a posibilidade de desenvolver aquí a súa vida sen ter que marchar na busca de oportunidades laborais e, para iso, o que queira explotar os recursos naturais de Galicia ten que apostar por Galicia e por xerar emprego na nosa terra xa que o noso futuro como pobo depende disto”,