Friday 22 de November de 2024

Apertura dos prazos de reserva, preinscripción e matrícula na Escola Infantil Municipal de Riveira


O Concello de Riveira informa dunha serie de prazos de interese en relación á inscrición de alumnos no curso académico 2015/2016 da Escola Infantil Municipal:

• Prazo de renovación de praza para alumnos que xa están matriculados: do 2 de marzo ao 18 de marzo do 2015.
• Inscrición do novo alumnado: do 20 de marzo ao 24 de abril.
• Publicación das listas provisionais de alumnos/as admitidos/as: venres, 15 de maio.
• O prazo de reclamacións é de 10 días hábiles contados dende o día seguinte ao da súa publicación.
• Publicación de listas definitivas: venres 29 de maio.
• Prazo para a confirmación de matrícula, tanto para os que fixeron renovación como para os que fixeron inscripción: do 1 ao 15 de xuño. Realizarase no Departamento de Servizos Sociais.
• Información previa, recollida de impresos para a solicitude e confirmación de matrícula:
 No Departamento de Servizos Sociais, sito na Praza 8 de Marzo, s/n (Edif. Mirador de Padín), Teléfono: 981-874131/981-873409 de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30.
 Tamén se poden recoller impresos no Rexistro do Concello ou na páxina web www.riveira.es
• Entrega de documentación para a inscrición do alumnado:
 Rexistro da Casa do Concello, en horario de 9.00 a 13.30.