A Casa da Cultura de Fene acollerá durante o mes de outubro unha exposición de óleos do pintor fenés
J.M. Pereiro. A mostra inaugúrase este venres, 8 de outubro, ás 19.30 horas na sala de exposicións
temporais da Casa da Cultura (Avda. De Conces, 20-22) e poderá visitarse ata o vindeiro día 30. Horario
de visitas: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a
13.00 horas. Domingos e festivos, pechado.
“Auga e lume” é o título desta exposición na que J.M. Pereiro compila unha serie de obras, ao redor de
corenta, nas que se reflicten paisaxes da terra “con especial predominancia da auga (ríos, martes, etc)
e do lume (incendios forestais)”.
J.M. Pereiro (José Manuel Pereiro) é natural de Perlío (Fene). Comezou no mundo da pintura como
alumno de Don Carlos Pérez Villaamil no ano 1961. A súa é unha pintura realista na que predominan as
paisaxes. Pereiro adoita facer reproduccións fieis á realidade do seu entorno máis cercano.
Exposicións realizadas:
Ano 2000 – Exposición colectiva no Concurso Bello Piñeiro – accésit
Ano 2002 – Exposición colectiva no Concurso Bello Piñeiro – accésit
Ano 2003 – Exposición colectiva no Concurso Bello Piñeiro – accésit
Ano 2004 – Exposición individual no CCRD de Perlío
Ano 2007 – Exposición individual no Lar do Toxos e Froles de Ferrol
Ano 2009 – Exposición individual no Lar do Toxos e Froles de Ferrol
Ano 2013 – Exposición individual na Casa da Cultura de Fene