Saturday 16 de November de 2024

A Coruña, unha cidade que apoia o deporte inclusivo


A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, asistiu á presentación do X Foro do deporte para todos, que organiza a Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE) co apoio do Concello da Coruña.

O encontro, que se celebrará o vindeiro 9 de outubro na facultade de Ciencias do Deporte e de Educación Física da UDC en horario de 10.00 a 14.00 horas, servirá para analizar o deporte social no pensamento de Coubertín, coñecer os programas de deporte para todos en Portugal e analizar o papel do Comité Olímpico Español no desenvolvemento de deporte para todos.

Martínez resaltou que iniciativas como o foro axudan a comprender a vinculación do deporte coa cidade e a cidadanía. O Goberno de Inés Rey, dixo, aposta por un deporte que atenda a diversidade, que sexa inclusivo e solidario. “Deste xeito, a súa práctica convértese nun instrumento de intervención social para integrar a todas e todos”, sinalou.