Friday 22 de November de 2024

Inés Rey, asistiu hoxe ao III Foro A Toxa-Vínculo Atlántico, no que participou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez


A alcaldesa, Inés Rey, asistiu hoxe ao III Foro A Toxa-Vínculo Atlántico, nunha xornada de clausura en que tamén participou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o primeiro ministro portugués, Antonio Costa. A rexedora sinalou a importancia de celebrar este tipo de encontros co fin de debater sobre as principais cuestións do eido político, económico e social do territorio atlántico e mellorar así as nosas fortalezas.

Neste sentido, a alcaldesa celebrou poder intercambiar experiencias que van en sintonía ao traballo que se está facendo desde o Concello e que se vertebran baixo as premisas da sostibilidade, dunha mobilidade amable e de políticas sociais inclusivas. Rey destacou este momento actual como clave para analizar entre moitos dos representantes do territorio atlántico os retos que nos agardan nos próximos anos.