A programación inclúe oito representacións teatrais gratuítas, todos os sábados de outubro e novembro, ás 20:00 horas, no polivalente
A compañía Redrum Teatro e a súa obra “Idiota” abrirán mañá sábado 2 de outubro, ás 20:00 horas, a programación do Brión Cultural 2021, que encherá de teatro profesional o centro social polivalente os oito próximos sábados. Así, o “Brión Cultural” desenvolverase todos os sábados de outubro e novembro, ás 20:00 horas, no auditorio do centro social polivalente. As entradas serán de balde ata completar o aforo, con reserva previa a través do correo electrónico entradasbrion@gmail.com.