• A intervención incluíu a instalación dunha varanda de madeira tratada e a creación dunha pequena senda entre a estrada e o recinto da igrexa.
O Concello das Somozas acaba de rematar os traballos de acondicionamento da contorna da capela da Toca, na parroquia de Recemel. Esta intervención contou cun orzamento de 17.000 euros e serviu para mellorar e asegurar as condicións de acceso ao recinto.
A actuación incluíu a adaptación da senda que conecta a estrada e o espazo da igrexa, un treito no que se dispuxo dunha varanda de madeira tratada para poder asegurar as condicións de seguridade dos peóns que circulan por esta vía.
O alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, destacou que “o Concello segue traballando na renovación de espazos en todos os núcleos do municipio co obxectivo de asegurar a súa conservación e que toda a veciñanza poida gozar deles de xeito seguro”.
Esta área está situada nas proximidades da capela da Toca e do seu local social, un espazo no que se realizaban antigamente as feiras e que acollía unha gran cantidade de transeúntes.