• O pleno constaba de 4 puntos entre os que se atopaba, a concesión de dominio público marítimo-terrestre, con destino á explotación e conservación do paseo marítimo, no cal Costas obriga a retirar certos elementos para a súa concesión.
No día de onte tivo lugar o pleno en Laxe correspondente ao mes de Setembro, que como é de costume celebrouse ás 21:00 horas e no que asistiron todos os membros da corporación menos a concelleira Marta Caamaño do PSOE.
Neste pleno había 4 puntos na orde do día, sendo o primeiro a aprobación da acta anterior, que foi aprobada por unanimidade. O segundo punto correspondía ao POS+ADICIONAL 2/2021 que foi aprobado cos votos do PP e os grupos do PSOE e BNG decidiron votar en contra. No punto terceiro
“Resolucións Alcaldía” incluíanse dous apartados, que correspondían o 1º ás datas sinaladas para ser festivos locais que se aprobaron cos votos favorables do PP e a abstención de PSOE e BNG, quedando asignados os días 16 e 17 de agosto para o próximo ano 2022, para 2º tratábanse as melloras dos camiños municipais que foron aprobados por unanimidade.
Pero se houbo un punto algo máis conflitivo neste pleno, foi o nº4 que correspondía á aceptación das condicións do Ministerio de Transición Ecolóxica para a cesión de ocupación de dominio Público marítimo-terrestre, con destino á explotación e conservación do paseo marítimo, que pasaba por ter que retirar a Oficina de Turismo, o Quiosco e a caseta dos taxistas, das súas actuais localizacións, “senón non lla concederían”, algo que indigna ao goberno do PP co seu alcalde á cabeza, xa que hasta o momento nunca houbo ningún tipo de problemas porque eses elementos estivesen no seu lugar habitual, mais se cabe tendo en conta que son elementos de fácil desmantelamento, os tres grupos da corporación votaron a favor desta proposta, incluído o PP, aínda que cre que é inxusto que lle obriguen a desmantelar estes elementos, para os que lle solicitará a costas que desistan desa petición.
Tamén neste pleno deuse conta de como esta funcionando a parte contable do consistorio, que informou que no segundo trimestre deste ano o concello de Laxe segue cumprindo co estipulado pola Lei de pagos a provedores ao facer fronte aos seus pagos en 19.40 días.