Friday 22 de November de 2024

Sesión ordinaria do Pleno da corporación de 30 de setembro de 2021


O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, xoves 30, a partir das 21.00 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación, a cal contou coa ausencia das concelleiras Patricia Lojo (PSdeG-PSOE) e María González (PP). A orde do día foi a que figura a seguir:

1. Proposta de alcaldía datas para a determinación das festividades locais para o ano 2022. 22 de agosto, luns do Carme dos Pincheiros, e 19 de setembro, luns do Nazareno. Aprobada con 9 votos a favor (Nós Pobra e PP) e 2 abstencións (BNG).

2. Proposta alcaldía aprobación provisional de crédito extraordinario 03/2021 e modificación de subvención nominativa. Aprobada por unanimidade.

3. Moción do grupo municipal do PP relativa ó estado de conservación dos viais do noso municipio. Denegada con 4 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra e BNG).

4. Moción do grupo municipal do PP para instar ó goberno de España a por en marcha medidas que impidan o aumento do prezo da enerxía eléctrica. Aprobada emenda de engádega do PP á moción orixinal con 4 votos a favor (PP), 2 en contra (BNG) e 5 abstencións (Nós Pobra). Deseguido, efectuouse a votación da emenda de substitución do BNG á moción emendada e saíu adiante con 7 votos a favor (BNG e Nós Pobra) e 4 en contra (PP). Por último, procedeuse coa votación da moción emendada, que foi aprobada con 7 votos a favor (BNG e Nós Pobra) e 4 en contra (PP).

5. Moción do grupo municipal do PP para instar ó goberno de España a por en marcha medidas que eliminen a débeda que as entidades locais contraeron co Estado. Aprobada a emenda de substitución presentada polo BNG con 7 votos a favor (BNG e Nós Pobra) e 4 en contra (PP). Aprobada a moción emendada con 7 votos a favor (BNG e Nós Pobra) e 4 en contra (PP).

Deseguido, procedeuse coa parte de decretos e informes da alcaldía para, posteriormente, dar paso ós seguintes asuntos de urxencia:

1. Proposta da alcaldía sobre solicitude de subvención nominativa á Excma. Deputación para o proxecto de Ampliación do Edificio de Usos Náuticos. Aprobada a urxencia con 9 votos a favor (Nós Pobra e PP) e 2 en contra (BNG). Aprobada a proposta con 9 votos a favor (Nós Pobra e PP) e 2 en contra (BNG).

2. Proposta da alcaldía sobre solicitude de subvención nominativa á Excma. Deputación para o proxecto de Dinamización do Espazo Colaborativo Coworking Pobra. Denegada a urxencia con 5 votos a favor (Nós Pobra) e 6 en contra (BNG e PP), polo que xa non se efectuou o debate.

3. Moción do grupo municipal do PP para que se habilite algún tipo de partida económica para axudar a todos os afectados a causa da erupción volcánica, a cal se canalizará a través do Cabildo, Concellos afectados ou calquera outro organismo que a faga chegar de maneira áxil ós afectados. Aprobada a urxencia por unanimidade. Aprobada a moción por unanimidade.

Finalmente, procedeuse coa quenda de rogos e preguntas.