Friday 22 de November de 2024

O Concello publica a sexta entrega de ‘Eu Son Camariñas’ con Paula Esteiro, campioa de España de carreiras de obstáculos


· A protagonista domina desde hai anos a competición na que participa e combina o deporte co seu traballo como enfermeira no hospital Virxe da Xunqueira.

· Cada mes publicarase na páxina web www.eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un veciño ou veciño de Camariñas que destaque no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social.

O Concello de Camariñas publicou a sexta entrega do programa ‘Eu Son Camariñas’ que lle dá voz a Paula Esteiro, unha camariñana campioa de España de carreiras de obstáculos (OCR).

‘Eu son Camariñas’ é un proxecto municipal creado para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. A proposta consiste en publicar mensualmente na páxina web www.eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un destes camariñáns senlleiros.

Nesta ocasión o protagonista e Paula Esteiro Ramos, unha deportista que desde hai anos domina a competición na que participa gañando a liga Galega nas súas dúas últimas edicións e a de España nunha ocasión. Estudou enfermería e traballa no hospital Virxe da Xunqueira dentro do apartado de hospitalización a domicilio e coidados paliativos así como a unidade de feridas do CHUAC. Coordina o seu traballo cos adestramentos e a competición do OCR, un deporte que está a crecer dende hai anos. Na entrevista fala sobre este deporte e o seu funcionamento así como da maneira na que logra compaxinar o seu traballo coa competición ao máis alto nivel.