― A execución destas actuacións fará necesario o corte dun carril, regulándose o paso alternativo de tráfico polo outro
― A intervención, cun investimento de preto de 50.000 euros, levarase a cabo no entorno da travesía de Abellá, entre os puntos quilométricos 8+600 e 10+350
― A Xunta continúa traballando na conservación da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezará o luns as obras de mellora do firme na estrada AC-524 ao seu paso polo concello de Frades.
Para a execución destas actuacións, será necesario o corte dun carril, regulándose o paso alternativo de tráfico polo outro.
Os traballos no firme terán unha duración aproximada dunha semana e posteriormente efectuarase a reposición da sinalización horizontal, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.
Esta intervención, cun investimento de preto de 50.000 euros, levarase a cabo no entorno da travesía de Abellá, en concreto no treito comprendido entre os puntos quilométricos 8+600 e 10+350.
As obras consistirán na reparación do firme mediante a mellora da capa de rodadura en 5 centímetros de espesor nas zonas nas que se atope en mal estado.
As actuacións teñen como obxectivo resolver as deformación existentes na capa de rodadura, reforzando así a seguridade viaria nesta contorna.
A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, continúa traballando na conservación e mantemento da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras.