• As actividades iniciaranse a comezos de outubro e as inscricións poden realizarse na Casa do Concello.
• Para máis información está dispoñible o teléfono 981 72 00 01.
O Concello de Malpica acaba de abrir as convocatorias para inscribirse nas actividades da Escola Municipal de Educación Física (EMEF), así como nos cursos de ximnasia terapéutica, pilates, baile moderno e aerobic.
No caso da EMEF e ximnasia terapéutica, a tempada 2021/22 comezará a partir do 1 de outubro. As clases de ximnasia impartiranse os mércores e os venres en Buño (de 10:15 a 11:00 horas) e en Malpica (de 11:15 a 12:00 horas).
En canto a pilates, baile moderno e aerobic, os cursos iniciaranse a partir do 5 de outubro. As sesións de baile moderno e aerobic están destinadas para persoas maiores de 16 anos e terán lugar no pavillón deportivo. Serán os martes e os xoves de 20:05 a 21:00 horas.
O pavillón deportivo será tamén o escenario das clases de pilates, que se distribuirán en catro grupos con sesións os martes de 18:05 a 19:00 horas e de 19:05 a 20:00 horas e os xoves neses mesmos horarios.
As inscricións poderanse realizar de xeito presencial na Casa do Concello. Para máis información está dispoñible o teléfono 981 72 00 01.