Trátase dunha nova proba que se suma á ampla oferta de carreiras populares coruñesas
O Concello da Coruña, a través da área de Deportes que dirixe Francisco Mourelo, informa da celebración, o próximo 15 de marzo, do Trail Ciudad da Coruña, unha nova proba que se suma á ampla oferta de carreiras populares que existen na cidade. Tras a unión de Club Triatlón Coruña, Wteam e Move, preséntase esta nova proba, ata o momento inexistente no calendario coruñés, situada nun marco incomparable: A Zapateira e Castro de Elviña.
O percorrido desta proba, que comezará ás 11.00 horas nas inmediacións do Campus de Elviña, é alcanzable para todos os públicos, cunha dificultade física e técnica media, no que todos osrunners poderán iniciarse no mundo do trail, cunha lonxitude total de 11 quilómetros.
Trátase de dúas voltas a un percorrido con tramos de subida e baixada, por camiños transitados e outros abertos para a ocasión, dende os que se gozará das vistas de toda a cidade nun ámbito natural. Os límites de tempo establecidos serán dunha hora dende o comezo da proba para o paso pola metade de circuíto e de dúas horas e media para realizar o total deste.
Establécense as seguintes categorías:
. Absoluta Feminina/Masculina
. Veteranos 35-44
. Veteranos 45-54
. Veteranos 55 en diante
A idade mínima dos participantes será de 18 anos cumpridos antes do día da proba e o custo de inscrición será de 10 euros. Máis información na web:
http://xn--trailciudaddeacorua-d4b.com/