· Esta data conmemorarase mañá, 23 de setembro, e por isto impúlsase esta iniciativa de cara a evitar o consumo de prostitución e o tráfico de persoas.
· Realizouse, tamén, unha entrevista coa educadora social Naiara Canosa, que presenta a súa investigación “Pintando a prostitución en tres etapas”.
O Concello de Camariñas, a través do departamento de Igualdade, prepara unha campaña informativa con motivo do Día Internacional contra a Explotación e a Trata de Persoas, nunha data que se conmemorará mañá, 23 de setembro.
Esta iniciativa impúlsase co obxectivo de evitar o consumo de prostitución e o tráfico de persoas. Realizouse, tamén, unha entrevista coa educadora social Naiara Canosa, que presenta a súa investigación “Pintando a prostitución en tres etapas: patriarcado, desexo e violencia. Proxecto de sensibilización con adolescentes para a redución do consumo”.
A través de cartelería e unha entrevista en vídeo nas redes sociais municipais, a veciñanza poderá ser coñecedora desta campaña e poderá compartir nas súas contas as mensaxes para concienciar á totalidade da sociedade.