· A enfermidade afecta aos músculos, sendo un dos que máis sofre o cardíaco.
O Concello de Camariñas promoverá unha campaña de recollida de tapóns para poñer en coñecemento da cidadanía a doenza rara da ataxia de Friedreich, unha enfermidade que afecta aos músculos, especialmente ao cardíaco.
Trátase dunha anomalía na saúde hereditaria e neurodexenerativa que afecta ás personas novas que se caracteriza por un deterioro lentamente progresivo da coordinación na marcha e na capacidade para manter unha correcta postura corporal, así como outros síntomas e signos neurolóxicos.
A alcaldesa, Sandra Insua, insiste na necesidade de “como responsables públicos estar a carón das persoas que máis o necesitan, e como altofalante de problemas como as doenzas raras, pouco coñecidas pero que afectan ás persoas de maneira directa”, afirma a rexedora.