— O Goberno galego tendo en conta as necesidades de persoal detectadas nas entidades locais e o incremento de postos vacantes nos concellos, publicou unha convocatoria para novas inclusións e actualización de méritos en ditas bolsas
— As persoas admitidas están convocadas á realización da proba tipo test o vindeiro 25 de setembro na EGAP
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relacións definitiva de admitidos e excluídos no procedemento para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional, convocado mediante a Resolución do 14 de maio de 2021, e a data, hora e lugar de realización da proba tipo test.
O Goberno galego tendo en conta as necesidades de persoal detectadas nas entidades locais e o incremento de postos vacantes nos concellos, publicou unha convocatoria para novas inclusións e actualización de méritos en ditas bolsas.
Convocase, polo tanto, mediante a citada resolución, ás persoas admitidas con carácter definitivo para a realización da proba tipo test que terá lugar o vindeiro sábado 25 de setembro de 2021, en chamamento único que iniciarase ás 9:00 horas, nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela.
O proceso de selección, ao igual que en anteriores convocatorias, consistirá na superación dunha proba tipo test sobre os contidos do temario (60 preguntas: 30 preguntas comúns e 30 específicas para cada subescala); dunha proba de galego (no caso de non dispor do CELGA 4) e realizar un curso de formación práctica baixo a modalidade de teleformación organizado pola Escola Galega de Administración Pública.
As listaxes definitivas de admitidos e excluídos para a realización da proba tipo test e da proba de galego, nos casos en que proceda, están á disposición das persoas interesadas na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR410A