Friday 22 de November de 2024

Laxe continúa esta fin de semana con máis actos culturais


• Raquel Lema preparou nesta ocasión unha fin de semana de música variada coas actuacións de Caamaño & Ameixeiras e Mozart á galega.

Raquel Lema e a técnica de Cultura prepararon, para esta fin de semana, , varias actuacións musicais,. Comezando por a actuación de Caamaño & Ameixeiras, un dúo ligado a música e ao baile de raíz. No seu primeiro traballo discográfico “Aire!” tomaron como punto de partida a tradición galega, exploran outras tradicións e mergúllanse nas músicas populares de outras latitudes, desde os confíns de Europa ata Brasil ou mesmo Arxentina. Neste primeiro disco contan con colaboracións de músicas e músicos tan notables como Abraham Cupeiro, Pedro Pascual, Fetén Fetén, Xavi Lozano, Pablo Martín, Carola Ortiz, Apel·les Carod, etc. Os laxenses poderán desfrutar de este evento este venres día 17 de setembro ás 19:30 horas na Praza dos Voluntarios.

O sábado día 18 de setembro, poderase gozar en Laxe da Música, con Mozart á galega ás 19:30 horas na Praza dos Voluntarios, nesta ocasión, cambiase radicalmente de proposta musical co obxectivo de axudar a reactivar e impulsar o tecido cultural galego da man de ATLANTIC MOZART FLUTE QUARTETS, desfrutarase do frautista da Real Filharmónica de Galicia Luis Soto, usando unha frauta orixinal datada no ano 1895 de un afamado “Flutier” francés que foi atopada nun anticuario de Lugo e que foi totalmente restaurada.

O alcalde José Luís volve a recalcar a necesidade, de que todos os asistentes sigan cumprindo as recomendacións sanitarias e extremen as precaucións para gozar destes eventos con seguridade, e manter os casos de contaxio en “0” como están neste momento.