Sunday 24 de November de 2024

O Concello comezará a instalación de fibra óptica no municipio para mellorar a súa rede de comunicación


• Os traballos iniciaranse en Malpica e iranse estendendo nas vindeiras semanas ao resto de núcleos do municipio.

• Para calquera dúbida ou suxestión, a empresa de telecomunicacións habilitou o número 696 448 130.

O Concello de Malpica, a través da Concellería de Servizos, comezará nos vindeiros os traballos de instalación da rede de fibra óptica no municipio.

Os operarios da empresa designada para a intervención iniciarán o cableado do sistema en Malpica, unha rede que funcionará a través da operadora Rede Aberta Galega. Nas vindeiras semanas proseguirase no resto de núcleos do concello.

Desde o goberno local consideran “fundamental” a actuación para “mellorar enormemente a rede de comunicación de toda a veciñanza, que pasará a contar cunha velocidade de conexión a Internet acorde aos tempos nos que vivimos e que favorecerá o asentamento de poboación en Malpica”.

Para calquera dúbida, consulta ou suxestión, as persoas usuarias poden poñerse en contacto co 696 448 130 ou co Concello no 981 720 001.