Friday 22 de November de 2024

A alcaldesa de Camariñas dá a orde de retirar os fondos do Concello da conta corrente do Sabadell


· Esta circunstancia responde ao peche da oficina situada no centro do municipio.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, deu hoxe a orde de retirar os fondos do Concello da conta corrente do banco Sabadell, logo de comunicarse o peche da oficina situada no centro do municipio.

Tras esta circunstancia, veciños e veciños do pobo trasladáronlle a súa inquedanza á rexedora camariñana, que decidiu actuar “respondendo ás demandas da veciñanza”, insiste.

“Os atentados contra o noso rural non son exclusivos dunha entidade, como temos comprobado, e non podemos seguir tendo os cartos de todas e todos en entidades que non respectan a vontade popular”, subliñou Insua.