O Concello de Miño acaba de estrear dúas zonas de parada de vehículos na rúa Cobo dentro da súa iniciativa ‘ Bica e Arrinca’. Estas áreas están reservadas para que os vehículos que leven escolares poidan parar e deixalos para que sigan a pé o camiño ata o CPI Castro Baxoi.
A zona ten un tempo máximo de parada dun minuto e pódese utilizar de luns a venres durante o curso escolar en horario de 8:40 a 9:00 horas e de 13:30 a 14:10 horas.
Os dous espazos da rúa Cobo únense ao xa existente en cálea Marismas, creado en setembro do ano pasado. Con este proxecto preténdense achegar medidas complementarias para desconxestionar de tráfico na contorna do centro escolar e mellorar as condicións de seguridade na área tanto para os vehículos como para os peóns.