• O proxecto conta cun orzamento de 38.793,81 euros cofinanciados entre o Concello e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).
• A actuación executarase en dous tramos e inclúe a limpeza de cunetas, o varrido do firme e a disposición dunha nova capa con aglomerado en quente.
O Concello de Miño iniciará esta semana os traballos de pavimentación no camiño que une os núcleos de Lago e Fondal, na parroquia de Perbes. A actuación conta cun orzamento de 38.793,81 euros cofinanciados entre fondos municipais e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).
Esta intervención permitirá mellorar o acceso de varios propietarios ás súas parcelas agrícolas e asegurar as condicións de seguridade na circulación da vía.
As obras que se comezarán a executar inclúen a limpeza de cunetas, o varrido do firme existente e a aplicación dunha nova capa con aglomerado en quente. Logo da finalización dos traballos procederase a instalar un sistema para a recollida de pluviais e pintaranse as marcas viarias correspondentes.