Friday 22 de November de 2024

O Concello habilita un punto de recollida de roupa de abrigo e mantas


· O roupeiro municipal dotará destas pezas aos veciños e veciñas que se atopen nunha situación económica difícil e que carecen de recursos para adquirilas.

O roupeiro municipal recollerá pezas de abrigo e mantas todos os xoves de 12:00 a 14:00 horas en Asuntos Sociais, na rúa Recheo da Alameda s/n. O departamento habilita de novo este punto de recollida para dotar destas pezas ás persoas que carecen de recursos económicos para compralas.

A concelleira de Igualdade, María Lamelas, informou que “ coa vista posta non inverno volvemos habilitar este punto de recollida de roupa de abrigo dirixida a aquelas persoas que se atopen nun situación vulnerable e que precisen delas para chegada dá tempada de frío”.