Wednesday 23 de October de 2024

As escolas deportivas de Moeche volven en outubro


As Escolas Deportivas Municipais abren a inscrición o próximo 4 de outubro a través da Sede Electrónica ou de maneira presencial no departamento de Deportes en horario de 9 a 14.00 h. de luns a venres. Paseniñamente vaise recuperando a actividade social, con restricións, mais vaise avanzando e agora no inicio do outono volven as escolas deportivas. Para cumprir coas normas e procurar as máximas garantías mantense a redución dos grupos a 6 persoas como máximo. De haber máis demanda, procurarase ofrecer, na medida do posible, horarios alternativos de xeito que todas as persoas interesadas poidan obter unha praza.

A partir do 4 de outubro inciase o período de inscrición nas Escolas Deportivss Municipais a través da Sede Electrónica ou de maneira presencial no departamento de Deportes en horario de 9 a 14.00 h. de luns a venres. Terán prioridade as persoas que xa asistisen ás actividades o ano pasado e tamén as que estean empadroadas en Moeche. As persoas que queden sen praza pasarán a unha lista de agarda A primeira cota non se pagará ata que se obteña a confirmación da praza.

O 13 de outubro darán comezo as clases e rematarán o 17 de xuño de 2022. Os grupos serán como máximo de 6 alumnas/os.

Xunto ás actividades habituais de Spinning, Exercicio biosaudable Maiores + e Pilates, este curso a actividade de mantemento substitúese pola de Adestramento funcional, baseada no desenvolvemento de circuítos de forzas, exercicios aeróbicos e outros.

Como aconteceu o pasado curso, será necesario cumprir con toda a normativa establecida pola situación sanitaria para o uso da s instalacións e o desenvolvemento da actividade deportiva. O alumnado das escolas deportivas recibirán unhas follas explicativas coas normas de obrigado cumprimento que se establezan desde a Xunta de Galicia e estean vixentes no inicio das clases.

As actividades poden verse modificadas ou incluso suspendidas temporalmente en función da evolución da situación sanitaria e o seu desenvolvemento está condicionado polo número de solicitudes.

As tarifas e descontos mantéñense sen cambios, cos importes establecidos na Ordenanza no 16 reguladora do prezo público – vixente no curso 2021/2022-, e aparecen detalladas nas fichas de inscrición dispoñibles na web municipal www.moeche.gal

Escolas infantís

Este primeiro trimestre do curso deportivo 2021-2022 , como se fixo o pasado ano, só se ofrecerán escolas deportivas para persoas adultas. No caso das escolas infantís, que funcionan como actividades extraescolares, agardarase ata despois do Nadal e así se trasladou no Consello Escolar de inicio de curso. O seu desenvolvemento dependerá de que se poida garantir o cumprimento das normas recollidas no protocolo establecido pola Consellaría de Educación para os centros escolares., especialmente no referido ao mantemento dos grupos “burbulla” na escola.

Cómpre lembrar, porén, que a Escola de Fútbol Irmandiños está constituíndo todas as categorías de fútbol base. Para contactar pódese chamar ao 669 638 282 entre as 17.00 e as 19.00 h ou enviar un correo ao enderezo electrónico efirmandinos@gmail.com