Friday 22 de November de 2024

Un contacontos ilustrado achegará a figura de Xela Arias ao público infantil


Polo Correo do Vento ofrecerá no 20 de setembro o contacontos ilustrado e musicado Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Será no Cantón da Leña, ás 18.30 horas, e, en caso se choiva, trasladarase ao teatro cine Elma.

Trátase dunha das actividades postas en marcha por parte da Concellaría da Normalización Lingüística da Pobra do Caramiñal, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG), con motivo do Día das Letras Galegas, e que se tivera que adiar.

A proposta está pensada para o público máis novo coa finalidade de promove-la lectura, a comprensión oral en galego, o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística das crianzas. Deste xeito, contarase e debuxarase simultaneamente a biografía da escritora.

As inscricións deberán realizarse a través do enderezo electrónico normalizacion.linguistica@apobra.gal, indicando nome, apelidos, número de prazas e teléfono de contacto. Seguiranse as medidas establecidas por mor da COVID-19.