Friday 22 de November de 2024

Fabiola García sinala que o Programa “Enredando Tour R” permitirá que medio milleiro de persoas maiores coñezan as vantaxes das novas tecnoloxías


— ‘Enredando Tour R’ consiste nunha nunha viaxe en furgoneta por 11 localidades da comunidade na que se lle dará a coñecer ás persoas maiores de Galicia

— A Xunta achegou 90.000 euros a esta iniciativa

A conselleira de Política Social, Fabiola Garcia, sinalou que o programa ‘Enredando Tour R’ permitirá que medio milleiro de persoas maiores coñezan as vantaxes das novas tecnoloxías. Esta mañá asistiu á presentación desta iniciativa impulsada polo Goberno galego, Cruz Vermella e a compañía telefónica R.
En concreto, a Xunta aportou 90.000 euros para a posta en marcha deste proxecto que consiste nunha viaxe en furgoneta por 11 localidades distintas da Comunidade na que se lle dará a coñecer as novas tecnoloxías ás persoas maiores. Os primeiros municipios que visitará son: A Coruña, Cedeira, Viveiro, Sarria, Monforte, O Carballiño, Verín, O Barco de Valdeorras, Lalín, Ponteareas e A Guarda.

A conselleira agradeceu á Cruz Vermella e a R o seu esforzo por axudarlle ás galegas e aos galegos a sacar proveito do mundo dixital para mellorar a súa calidade de vida. Neste sentido, apuntou que a Xunta e a Cruz Vermella aplican esta mesma filosofía a través do servizo de teleasistencia, que permite levar axuda e coidados a 7500 fogares galegos.