· As actividades comezarán o 16 de setembro e serán de balde, previa reserva no 665 134 490.
O Concello dá a coñecer o programa de animación da Biblioteca Municipal, que comezará o vindeiro 16 de setembro con “A verdadeira historia de Hamelin” con Moc Moc Mere Clown a partir das 17:30 horas.
O 23 de setembro, tamén ás 17:30 horas e para idades comprendidas entre 6 e 12 anos, unha actividade de robótica educativa promovida pola Asociación Lucense de Tempo Libre. Terá unha duración de 120 minutos, aproximadamente.
O 30 de setembro, ás 17:30 horas, ‘Contos’ de Chuches Amil, para idades de entre 3 e 10 anos e cunha duración de 30 minutos.
O 7 de outubro quenda para o obradoiro creativo “Autores con pegada” con Isabel Herrero Díaz. Para idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos e cunha duración de 50 minutos.
O 14 de outubro e ás 17:30 horas o ‘Contacontos de animais’ con Lía Magalia ocupará o espazo da Biblioteca. Para idades entre 4 e 10 anos e cunha duración de 30 minutos.
Na derradeira actividade de outubro, Fran Rei escenificará ‘O conto de Barriga Verde’ ás 17:30 horas e para público infantil. Durará aproximadamente 55 minutos.
Por último, o día 4 de novembro, cita para ‘Como montar a túa banda de verán’, por Xoan Curiel, para as crianzas de entre 5 e 11 anos e cunha duración de 50 minutos.
Todas as actividades serán de balde e será necesario reservar praza no 665 134 490. Este programa conta co apoio da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, a través da iniciativa ‘Ler conta moito’.