• No día de hoxe o alcalde José Luís Pérez acompañado do concelleiro de obras, servizos e praias, Eulogio Constantino recibiron a entrega do novo camión de lixo.
Desde hoxe o concello de Laxe conta cun novo vehículo para a recollida de residuos solidos urbanos do municipio, segundo José Luís, isto era unha necesidade imperativa, ao contar cun camión que ultimamente estaba a dar moitos problemas de mantemento ao contar este camión con moitos anos de servizo.
Con esta nova adquisición o concello consegue un camión máis ecolóxico e eficaz para a recollida de lixo, ao mesmo tempo que as novas tecnoloxías lograron que sexa un vehículo de menos consumo e sobre todo que sexa menos ruidoso, á vez que menos contaminante.
Este vehículo supuxo un custo de 158.873 €, que o goberno incluíu no POS+ do 2020 da Deputación da Coruña que subvenciona esta compra con 121.310,86€ un 76,36% do seu valor, tendo que poñer soamente o concello a cantidade de 37.562,14 que vén sendo o restante 23,64%.