Friday 22 de November de 2024

Viaxe en catamarán a Cíes con saída dende A Pobra do Caramiñal


No 25 de setembro terá lugar unha viaxe en catamarán a Cíes, pertencente ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, con saída dende A Pobra do Caramiñal.

Trátase da sexta travesía en catamarán configurada para este 2021 froito da colaboración por terceiro ano consecutivo entre a Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), e a empresa Piratas de Nabia.

A saída está programada para as 09.30 horas dende o municipio e o regreso establécese para as 18.30 horas dende Cíes. O prezo da viaxe, con ruta guiada incluída, estipúlase nos 25 euros para as persoas adultas e nos 15 euros para nenos e nenas.

As reservas deben formalizarse con antelación a través da páxina web www.piratasdenabia.com ou do teléfono de contacto 986320048. Tamén se pode solicitar información e resolver dúbidas en www.apobra.gal/turismo ou no 687482835. A empresa xestionará directamente a tramitación das autorizacións de entrada ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.